O formato alternativo das traducións

Seguindo a liña de investigación de Bitraga, o proxecto peneira os libros, soportes e as webs galegas (bibliotecas virtuais) que achegan libros ou catálogos dixitais, así como outros espazos de ámbito nacional e internacional susceptibles de ofreceren material documental do noso interese. Compilamos os audiolibros (libros narrados e gravados en audio); procuraremos os textos en formato audiovisual (libro-discos e guións de cine ou teatro), os textos denominados literatura gris como as teses de doutoramento, teses de licenciatura ou traballos de investigación inéditos, e os documentos (fundamentalmente ensaios) editados polas institucións e organismos públicos resultados dunha tradución ou proxectos de tradución cara a outras linguas. Desbotamos polo de agora o libro de texto e o libro paraescolar, que incluiremos en posteriores proxectos.

Título ALTERTRAD (1980-2015). O formato alternativo das traducións
Entidade financieira Universidade de Vigo (Vicerreitoría de investigación)
Referencia 12VI16
Contratos do programa con grupos de investigación 2014
Entidades participantes Universidade de Vigo
Duración Dende: 2014 ata: 2015
Investigadora responsabel
Número de investigadores/as participantes 5