Iolanda Galanes Santos

Iolanda Galanes Santos é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos de posgrao na Universidade de Laval (Quebec). A súa investigación encádrase en dúas liñas de traballo: dunha banda a Terminoloxía, Linguas de especialidade e a Tradución especializada e, doutra, a Tradución literaria en Galicia. A esta última liña pertence o Catálogo Virtual da Tradución Galega, elaborado no seo do grupo BITRAGA, alén de varias ublicacións nas que analiza as relacións do sistema literario galego con outras literaturas a través da tradución.

 

É autora de tres monografias, unha decena de dicionarios especializados de ámbito internacional, participa desde hai dúas décadas en congresos internacionais, publica regularmente artigos académicos froito da súa colaboración en proxectos de investigación subvencionados e traduciu máis de trinta monografias principalmente de ensaio.

 

É presidenta da Sociedade Galega de Terminoloxía desde a súa fundación e prestou servizos como tradutora en varias entidades como a Escola Galega de Administración Pública, o Boletín Oficial do Estado ou o Centro de Estudos Constitucionais e nas principais empresas editoras galegas. Entre 1999 e 2005 foi coordinadora técnica da Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega, labor que compatibilizou coa docencia na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

 

Actualmente desenvolve a súa actividade docente na titulación de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo.

Datos de contacto

Publicacións