Ana Luna Alonso

Ana Luna Alonso é licenciada en Filoloxía Románica e doutora en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de grao, mestrado e doutoramento.

 

Dirixiu varias teses de doutoramento, coordinou cursos e xornadas, e organizou varios simposios e congresos internacionais sobre tradución e políticas de tradución.

 

É investigadora titular do grupo BITRAGA (A Biblioteca da Tradución Galega) e participa no proxecto da Universitat de Barcelona sobre «La traducción literaria en España (Repertorio informatizado crítico-bibliográfico das traducións publicadas en España dende 1940)».

 

Entre as súas actividades dedicadas aos Estudos de Tradución, hai que incluír os estudos socioculturais do contexto no que se desenvolve a tradución, dende e cara ás linguas minorizadas, a historia da tradución e das persoas que traducen, o estudo dos fluxos de tradución e as políticas de tradución editorial.

Datos de contacto

Publicacións