Ana Luna Alonso

Ana Luna Alonso é licenciada en Filoloxía Románica e doutora en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de grao, mestrado e doutoramento.

Silvia Montero Küpper

Silvia Montero Küpper é profesora de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, onde imparte clases teóricas e prácticas de tradución no grao e no máster, así como no programa de doutoramento. A súa investigación actual está centrada na tradución editorial especialmente dende e cara ó galego, nas políticas de tradución e sostibilidade cultural e na lexicografía galego-alemán-galego.

Iolanda Galanes Santos

Iolanda Galanes Santos é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos de posgrao na Universidade de Laval (Quebec). A súa investigación encádrase en dúas liñas de traballo: dunha banda a Terminoloxía, Linguas de especialidade e a Tradución especializada e, doutra, a Tradución literaria en Galicia.

Áurea Fernández Rodríguez

Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela onde impartiu docencia como profesora titular ata 1995, Áurea Fernández Rodríguez forma parte actualmente do cadro do persoal da Universidade de Vigo. As principais liñas de investigación nas que centra o seu traballo son: tradución, terminoloxía, literatura francófona e literatura comparada.