O grupo de investigación BITRAGA da Universidade de Vigo ten como obxectivo xeral, desde a súa creación en 2004, compilar as traducións desde e cara ao galego no Catálogo da Tradución Galega. Alicerce das súas reflexións, esta ferramenta é un espazo de documentación que impulsa a produción científica, o intercambio e o diálogo internacional relacionados cos Estudos da Tradución.

 

A investigación deste grupo resulta innovadora tanto para comunidades lingüísticas minorizadas como maioritarias e foi recoñecida polo Ministerio de Ciencia y Tecnología e cofinanciado por fondos FEDER (UE), a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo.